PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Os maiores van ao baile na Casa das Asociacións e nos centros socioculturais

15/02/2012 O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou o programa de bailes para maiores Imos ao baile, que se desenvolverá durante todo o ano na Casa das Asociacións de Cornes e en oito centros socioculturais. Serán 22 bailes con orquestra a celebrar os sábados pola tarde, cada 15 días, e de balde.

A Concellería investirá 10.500 euros neste programa, que este ano se estende tamén aos centros socioculturais do rural, en concreto aos de Marrozos, A Gracia e Fecha. Francisco Noya agarda que coa publicidade do programa e coa súa extensión a máis centros incluso se superen as 2.500 persoas que participaron en 2011. Algunhas destas sesións chegaron a superar as 200 persoas.

Para o edil, este programa é un reflexo da "participación activa" das persoas maiores na actividade sociocultural de Compostela. Neste caso, teñen unha cita co baile os sábados, ás 17:30 horas, nos lugares indicados. Os grupos musicais Zeltia, Solymar, Luzada, Glamour, Enclave e Eva e Camilo encargaranse de amenizar estas veladas. A primeira xa se celebrou o 4 de febreiro en Cornes e a última terá lugar o 15 de decembro.

Documentos relacionados



Compartir: