ALCALDÍA

Os alcaldes da Mancomunidade deixan de percibir as dietas por asistir aos plenos

14/02/2012 O alcalde, Xerardo Conde Roa, presidiu o Pleno da Mancomunidade de Santiago. Na reunión e a proposta do rexedor compostelán, acordouse que os alcaldes desta entidade supramunicipal deixen de percibir as dietas asignadas pola asistencia a estes plenos, que eran de 90 euros por sesión.

Outro dos asuntos aprobados foi a revisión das retribucións dos funcionarios con habilitación estatal da Mancomunidade, reducíndoas nun 50 por cento. Deste xeito, o secretario e o interventor pasan a recibir 3.000 euros ao ano e o tesoureiro 1.500 euros ao ano.

Compartir: