XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas modificacións nas zonas de influencia de varios centros escolares

13/02/2012 A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou as modificacións das zonas de influencia de varios centros escolares. Tamén deu o visto bo a melloras no alumeado nas parroquias de A Gracia, Carballal, Laraño e Villestro.

Os cambios nas zonas de influencia dos centros escolares terán efectos no curso 2012/2013. As modificacións afectarán aos CEIP Vite e Raíña Fabiola, Cardeal Quiroga Palacios, e IES Eduardo Pondal e Xelmírez I.O CEIP López Ferreiro terá adscrito indistintamente o IES Xelmírez I e o IES Xelmírez II. O CEIP Apóstolo Santiago terá adscrito o IES de Sar e o IES Xelmírez II.

Ampliación do alumeado
Na sesión tamén se autorizaron obras de ampliación de alumeado público nas parroquias de A Gracia (2.351 euros), Carballal (1.874 euros), Laraño (1.043 euros) e Villestro (1.726 euros). En total, son 6.969 euros, incluídos dentro do montante fixo de 150.000 euros/ano do contrato de xestión da iluminación pública municipal.

Centros Socioculturais
En material de centros socioculturais, aprobouse a denuncia dos contratos de aluguer de dous locais na travesía dos Basquiños que eran usados como centro sociocultural da Almáciga, con efectos a partir do 30 de abril de 2012. A asociación veciñal do barrio e a actividade sociocultural mudaranse a partir desa data a o edificio anexo ao Colexio Apóstolo Santiago.

Igualdade
Ademais, aprobouse a prórroga durante o período 2012-2014 do Plan de Igualdade do Concello de Santiago. A voceira da Xunta de Goberno e concelleira de Benestar Social e Muller, Paula Prado, indicou que se decidiu prorrogar o Plan á vista de que "unicamente se ten executado o 5% das accións do mesmo".

Compartir: