ALCALDÍA

O Concello acometerá obras de saneamento en dúas rúas do barrio de Meixonfrío

09/02/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa Asociación de Veciños Casa Agraria de Meixonfrío. Asistitron tamén os concelleiros de Participación Cidada, Francisco Noya, e de Barrios, Juan de la Fuente.

Na xuntanza, celebrada en Raxoi, os representantes veciñais explicáronlle ao alcalde as principais demandas do barrio en materia de infraestruturas ou servizos. Unha destas demandas, que foi recollida e será executada neste 2012 son as obras de saneamento na rúa Agra de Arriba e no camiño dos Vilares.

Ademais, a Brigada de Vías e Obras xa está traballando na mellora de diversas deficiencias en rúas e beirarrúas no barrio. Tamén se lle comunicou a asociación veciñal a aprobación dunha subvención para actividades socioculturais.

Compartir: