BENESTAR SOCIAL

Unha exposición amosa á mocidade as consecuencias do consumo de cannabis

08/02/2012 A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, inaugurou no Colexio Peleteiro a exposición "Sinais de fume", sobre a prevención do consumo de cannabis. Esta mostra forma parte do Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias.

A exposición amosa unha serie de imaxes lúdicas e informativas sobre o que debe saber a mocidade sobre o cannabis, espertando así reflexión e debate en relación ao consumo desta sustancia entre a mocidade entre 16 e 20 anos. A través de 13 paneis, os mozos e mozas obteñen información preventiva sobre o cannabis e explicacións claras e realistas sobre as consecuencias físicas, psíquicas, sociais e legais do seu consumo.

Documentos relacionados



Compartir: