COMERCIO

Xornada de portas abertas no barrio de Conxo na tarde-noite do 11 de febreiro

08/02/2012 Dende as 16:30 ata as 22:00 horas do sábado 11 de febreiro, Conxo vivirá unha xornada de portas abertas. Os comerciantes deste barrio organizan este evento, que o Concello apoia.

A avenida de Vilagarcía e as rúas García Prieto, Sánchez Freire e Doutor Maceira acollerán diversas actividades, como sinatura de libros e entrega de debuxos por parte de Pepe Barreiro, creador dos Bolechas; degustación de filloas, orellas e tapas; maquillaxe para nenos; manicura canina; manualidades, demostracións e outras moitas sorpresas. Nesta xornada, os comercios do barrio realizarán grandes descontos e, só por entrar no establecemento, as persoas recibirán un agasallo.

Ao longo da tarde haberá catro sorteos. Durante esta semana previa ao evento déuselles aos compradores un número para os devanditos sorteos, polo que aos agraciados comunicaráselle o resultado para que pasen a recoller os agasallos ao comercio correspondente. A velada estará amenizada pola comparsa Os Conformistas.

Documentos relacionados



Compartir: