DEPORTES

Arranxadas as pistas de tenis de San Caetano

07/02/2012 A Concellería de Deportes vén de reparar as pistas de tenis ao aire libre de San Caetano, na rúa Rodríguez de Viguri. O titular do Departamento, Adrián Varela, comprobou o estado no que quedou o recinto unha vez arranxado.

Os traballos consistiron na substitución de redes, cables, tensores e postes destas pistas públicas. Ademais, limpouse o recinto e podáronse sebes e arbustos.

Compartir: