ALCALDÍA

O alcalde recibiu a soprano Laura Alonso

06/02/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi a soprano compostelá Laura Alonso.

O encontro foi unha boa oportunidade para falar dos proxectos de Laura Alonso, soprano de recoñecido prestixio internacional. A artista amosou a súa dispoñibilidade para participar nalgunha iniciativa cultural na cidade e coincidiu co alcalde en resaltar a potencialidade de Santiago de Compostela para acoller eventos culturais de todo tipo, sobre todo a través da Cidade da Cultura. Laura Alonso agradeceu ao alcalde o seu interese pola cultura e por todo o relacionado coa música.

Compartir: