EXPOSICIÓN

Recuperadas as dúas esculturas roubadas da exposición Lalín Pork Art

06/02/2012 As dúas esculturas da exposición Lalín Pork Art que desapareceran na madrugada do 3 ao 4 de febreiro xa apareceron. As pezas xa están nas dependencias da Policía Local e do Departamento de Parques e Xardíns.

As dúas esculturas, substraídas da Praza Roxa e do Casco Histórico, apareceron na rúa de Ramón Rodríguez Carracido, preto da propia Praza Roxa, e a carón ao Instituto Rosalía de Castro. A voceira da Xunta de Goberno, Paula Prado, amosouse satisfeita da devolución das dúas esculturas, pero lamentou estes actos vandálicos e o prexuízo que estes causan cara a organización deste tipo de exposicións ao aire libre.

As dúas esculturas formaban parte da mostra Lalín Pork Art, que servía de promoción da Feira do Cocido de Lalín. Sete destes porcos foran colocados en lugares significativos da cidade. Tras a súa desaparición, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, decidira por fin á exposición, ao non poder garantir a permanencia das pezas.

Documentos relacionados



Compartir: