CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Un ano máis reivindicando a camelia

04/02/2012 Os concelleiros de Cultura, Ángel Currás, e de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asistiron á inauguración da Festa da Camelia e da exposición que sobre esta flor se realiza no Centro Sociocultural da Rocha Forte.

Organizada pola Asociación Cultural Rocha Forte, entidades e particulares reivindican con esta mostra a camelia, unha especie que, chegada do Xapón, arraigou en Galicia. De feito, a exposición leva por título Camelia, flor de Galicia.

Compartir: