CENTROS SOCIOCULTURAIS

Unha exposición en Fontiñas resume a historia do fútbol galego a través dos cromos

03/02/2012 O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugurou a exposición 50 anos de fútbol galego en cromos. A mostra estará aberta ata o 10 de febreiro no Centro Sociocultural das Fontiñas.

A exposición fai un resumo da historia do fútbol galego a través dunha colección de cromos. O material forma parte da colección de Julio Jareño, cuxo fondo supera o millón de cromos recollidos nos últimos 50 anos.

A visita ao Centro Sociocultural de Fontiñas faise obrigada para aqueles amantes do fútbol que queiran botar unha ollada aos xogadores que marcaron a historia do fútbol de Galicia. Ademais, proxectarase un documental sobre o histórico ascenso do Compostela a Primeira División.

Compartir: