XUVENTUDE

Inaugurada a exposición fotográfica cos mellores momentos de "MúsicaXove’11"

02/02/2012 O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, inaugurou no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche a exposición fotográfica do 4º Certame MúsicaXove. No acto tamén se entregaron os premios aos gañadores desta última edición.

O certame, convocado pola Concellería de Xuventude, creouse co obxectivo de promover, impulsar e canalizar a creatividade musical da xuventude e ten como destinatarios os artistas emerxentes que manteñen a súa actividade en Galicia. Cada edición acolle unha exposición que mostra a creatividade musical daqueles grupos que participaron no concurso e chegaron á selección final, dando a coñecer diferentes propostas musicais. O autor das imaxes é o fotógrafo Per Rueda, quen non puido estar no acto por un problema médico. En representación súa estivo outro fotógrafo, Óscar Corral. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, completou a representación municipal.

Nesta edición os gañadores foron:

• Metal:
1º Premio: The Venus Garden
2º Premio: Kertuler

• Pop-Rock:
1º Premio: Glasgow
2º Premio: Velcro

• Outras Músicas:
1º Premio: De Buena Tinta
2º premio: Pro-Visional

A exposición conta con 44 fotos en cor de cada unha das fases finais do certame, con todos os grupos finalistas por categorías. Trátase dunha mostra do fotógrafo Per Rueda. As instantáneas captan o mellor dos concertos, con imaxes impactantes do bo facer de cada un dos grupos sobre o escenario da Sala Capitol.

Per Rueda (07/03/1977) Santa Cruz de Tenerife. O seu traballo, dende hai 15 anos, céntrase no foto-documentalismo, con fotografía fixa en películas e curtamentraxes premiadas co Mestre Mateo. Publicacións e libros: Xardíns das Mariñas, Enciclopedia del Camino de Santiago, reportaxes en Palestina e Gaza, participando tres anos no Fisahara (Festival de Cine Internacional do Sáhara).

Compartir: