DEPORTES

Coloquio sobre fútbol de alto rendemento

02/02/2012 A Facultade de Filosofía acolleu o foro O fútbol de alto rendemento na actualidade. Este coloquio forma parte dos actos programados con motivo do partido entre as seleccións de fútbol feminino de España e Austria, que se celebrará no estadio de San Lázaro o mércores 15 de febreiro.

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, interveu neste foro, no que tamén participaron o seleccionador español de fútbol feminino, Ignacio Querenda; a futbolista Verónica Boquete; o adestrador Fernando Vázquez; o xogador do Deportivo Diego Seoane; o ex-xogador do Compostela Javier Bellido e o ex-xogador do Deportivo José Ramón. O xornalista deportivo Antonio Bermúdez moderou o debate.

A mesa redonda estaba organizada polo Concello de Santiago, a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua e o Servizo de Deportes da USC, e a Fundación USC Deportiva.

Seguindo cos actos con motivo deste partido, o venres 3, ás 11:00 horas, Adrián Varela e Verónica Boquete achegaranse ata o Colexio La Salle para charlar e compartir un momento distendido cos máis pequenos. Pola tarde estarán a partir das 20:30 horas no Estadio de San Lázaro para asistir ao adestramento dos equipos femininos da S.D. Villestro e a S.D. Compostela.

Compartir: