MULLER

A mostra "Así é como vivo" amosa a realidade dun fogar con violencia de xénero

02/02/2012 A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, inaugurou no Centro Sociocultural das Fontiñas a exposición fotográfica Así é como vivo. A mostra, cun obxectivo preventivo fronte á violencia de xénero, amosa imaxes que reflicten a realidade dun fogar no que vive unha muller e os seus fillos que sofren violencia machista.

Esta exposición forma parte dos diversos actos organizados pola Concellería de Muller para intentar concienciar á sociedade sobre a lacra da violencia de xénero. Así é como vivo recolle fotografías reais de fogares nos que viven mulleres e fillos que sofren situacións de violencia. Na preparación desta mostra, o Concello contou coa colaboración doutras administracións, que cederon as fotografías.

Esta exhibición fotográfica transformarase logo en exposicións itinerantes por centros socioculturais e educativos da cidade.

Compartir: