CULTURA
O público compostelán poderá gozar coa compañía Traspediante, un colectivo de arte escénica que suma proxectos docentes (Aula de Danza na Universidade), comerciais (para a Xunta de Galicia, Se paras na praia separa) e escénicos (obras de teatro, danza in-situ). Como compañía de danza contemporánea, traballa na busca dunha linguaxe expresiva que conxugue as traxectorias formativas e profesionais dos seus integrantes, Begoña Cuquejo e Marta Alonso, nas que se entrelazan a psicoloxía (carreira na que ambas están licenciadas) e a danza.
Comezan a traballar en 2008 definindo ata agora o seu interese pola utilización do "que xa está aí", resaltando e amplificando o valor expresivo do movemento natural ao convertelo no centro de atención. Traspediante é ademais un lugar de encontro con outros artistas, como por exemplo os músicos Ariel Ninas ou Madamme Cell, David Creus, ou Estevo Creus e Paulina Funes, estes últimos influíndo enormemente na dirección estética, artística e filosófica que vai conformando a identidade desta compañía.
A peza que presentan, Habelas, é unha peza escénica multidisciplinar con música en directo, danza contemporánea, audiovisual e maxia. Estreouse en Cambados no 2010 e ten unha duración de 45 minutos.
Varios espectáculos de danza contemporánea
SCQ danza leva achegado a Compostela figuras internacionais consolidadas da danza e as propostas coreográficas máis anovadoras que procuran fomentar o gusto pola arte en movemento dos composteláns, ademais de promover e dar pulo ás compañías coreográficas do noso país. A compañía Mopa inaugurou esta edición do ciclo o 18 de febreiro. Logo de Traspediante, maio será o mes de Slovaks Dance Collective, unha das poucas compañías profesionalizadas de Eslovaquia, que conta con seis membros da mesma familia. Chegan a Compostela grazas a un acordo entre diferentes programadores españois e traen dous espectáculos no peto: Within (Dentro, o 4 de maio) e Journey Home (Viaxe a casa, o 5 de maio).
SCQ Danza trae "Habelas", de Traspediante
28/04/2011 O ciclo SCQ Danza, que organiza a Concellería de Cultura, ten unha nova cita no calendario o venres 28 de abril. Nesta ocasión trátase de Traspediante co seu espectáculo Habelas, unha coreografía de Begoña Cuquejo e Marta Alonso dirixida pola propia Begoña Cuquejo.
Habelas é o cuarto dos espectáculos que a Concellería ofrece este semestre dentro do programa SCQ Danza, dedicado á danza contemporánea. A pesar da crise e das reducións orzamentarias, SCQ Danza mantén a calidade e mesmo incrementa a oferta de espectáculos con respecto ao ano anterior.O público compostelán poderá gozar coa compañía Traspediante, un colectivo de arte escénica que suma proxectos docentes (Aula de Danza na Universidade), comerciais (para a Xunta de Galicia, Se paras na praia separa) e escénicos (obras de teatro, danza in-situ). Como compañía de danza contemporánea, traballa na busca dunha linguaxe expresiva que conxugue as traxectorias formativas e profesionais dos seus integrantes, Begoña Cuquejo e Marta Alonso, nas que se entrelazan a psicoloxía (carreira na que ambas están licenciadas) e a danza.