ALCALDÍA

Santiago, homenaxeada nas festas da Pascua de Padrón

25/04/2011 Un ano máis, a corporación compostelá co alcalde á cabeza, trasladouse á veciña vila de Padrón, con motivo da celebración do Día de Santiago nas festas de Pascua.

A delegación compostelá foi recibida polo alcalde padronés, Camilo Forján e polo resto da Corporación. Non faltou o protocolario intercambio de bastóns nin a tradicional saída ao balcón para saudar aos veciños e para escoitar as notas interpretadas polas bandas municipais de Padrón e Santiago.

Durante as intervencións na Casa do Concello padronesa recordáronse os lazos que unen ás dúas vilas. A tradicional irmandade entre Santiago e Padrón ten a súa correspondencia co Día de Padrón que cada ano se celebra no marco das festas do Apóstolo. Estes dous días son sempre un bo motivo para reafirmar os lazos entre as dúas vilas, que se estenden a ámbitos coma o medio ambiente, a cultura ou o turismo.

Compartir: