ALCALDÍA

O alcalde recibe as promesas compostelás de Loita Olímpica

25/04/2011 O rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi os participantes santiagueses no Campionato de España de Loitas Olímpicas da categoría cadete, catro dos cales obtiveron medalla.

Os pasados 12 e 13 de marzo celebrouse o Campionato de España de Loitas Olímpicas da categoría Cadete en San Javier (Murcia) no que participaron cinco deportistas do Club de Loita Stellae que trouxeron para Galicia catro metais cos que colaboraron a que a selección acadase o primeiro posto quedando campiona de España de Loita Libre Olímpica e o Club Stellae como terceiro mellor club de España na mesma modalide.

Uns resultados abraiantes tendo en conta o escaso tempo de funcionamento do club que leva catro anos dando a coñecer esta disciplina tan antiga.

Iris Lucía Cepeda foi a 2ª clasificada na categoría de -60 Kgs, cedendo soamente na final ante Aitzane Gorria por puntos técnicos. Iris chegou á final despois de someter por tocado a tódalas súas contrincantes. Alejandro Varela acadou o 3º posto en Libre Olímpica de -76 Kgs. Unha das grandes alegrías protagonizouna este deportista que ben de superar unha grave lesión que o tivo afastado un ano do deporte,

David Fernández, 2º clasificado en Libre Olímpica de -85 Kgs, repite resultado do ano pasado pero esta vez na categoría de peso superior. Cedeu a final ante o representante manchego nun combate que puido caer de calquera dos dous lados. Bruno Carracelas, 3º clasificado en Grecorromana -69 Kgs, repite tamén resultado do ano pasado. Brillante participación e futuro para un rapaz cadete de primeiro ano; Juan Carlos Mera, 8º clasificado en Libre Olímpica -69 Kgs. Boa participación deste deportista que debutaba nunha competición nacional. A pesares de que na comparación dos resultados cos seus compañeiros poida parecer pouco, este deportista cumpriu con creces os obxectivos previstos e aínda que a sorte non se aliou con el, o seu traballo é destacable e contribuíu a que o Stellae acadase o terceiro posto.

Tamén salientou a participación de Rubén Varela que se presentaba coma Árbitro co obxectivo de acadar a categoría Nacional.

Compartir: