PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Casa das Asociacións acollerá un baile de Entroido o sábado 5 de marzo

28/02/2011 A Concellería de Participación Cidadá tamén quere celebrar o Entroido con todos os veciños e veciñas de Compostela. Con este fin, a Casa das Asociacións acollerá o sábado 5 de marzo un baile de Entroido. Celebrarase a partir das 18:00 horas e estará amenizado polo grupo musical Luzada.

A Concellería quere animar a todos os composteláns a acudir disfrazados a este baile de Entroido. Na Casa das Asociacións de Cornes poderán lucir os seus traxes, bailar e tamén degustar produtos típicos destas datas.

A propósito deste baile especial, cómpre lembrar tamén que os primeiros sábados de cada mes a Casa dos Asociacións organiza os seus concorridos e animados bailes de maiores.

Máis información na Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras- 3). Teléfono 981 542 350.

Documentos relacionados



Compartir: