PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Primeira ruta gastronómica de "Coñecendo o país" para degustar o cocido de Lalín

22/02/2011 O vindeiro domingo, 27 de febreiro, realizarase a primeira das visitas gastronómicas incluídas no programa Coñecendo o país, recentemente presentado pola Concellería de Participación Cidadá. O calendario de viaxes xa se abriu no capítulo do sendeirismo o pasado sábado, cunha ruta pola ribeira do río Ulla.

Os interesados en participar na ruta gastronómica para degustar o cocido galego de Lalín deben inscribirse na Casa das Asociacións ou enviar unha solicitude ao correo electrónico participacioncidada@santiagodecompostela.gal xunto co xustificante de pago (7 euros). As solicitudes poden recollerse persoalmente na Casa das Asociacións ou descargarse desta web municipal.

A viaxe realizarase en autobús. Os participantes poderán acudir a calquera das dúas paradas dispostas: unha na avenida Rodríguez de Viguri, con saída ás 8:15 horas, e outra na propia Casa das Asociacións, de onde o autobús sairá rumbo a Lalín ás 8:30 horas. A volta será en torno ás 19:00 ou 20:00 horas. Aínda quedan prazas libres para esta ruta.

Éxito da primeira ruta de sendeirismo
O programa Coñecendo o país xa comezou o pasado sábado, 19 de febreiro, coa primeira das rutas de sendeirismo previstas. Uns 50 participantes percorreron 13,8 quilómetros pola ribeira do río Ulla.

Compartir: