EDUCACIÓN

Os máis pequenos inícianse na música da man do proxecto "A familia redonda"

18/02/2011 Os nenos e nenas da Escola Infantíl Municipal de Conxo participaron nunha sesión de sensibilización arredor da música, no marco do programa A familia redonda. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, achegouse ata o centro para observar a actividade.

As escolas infantís do Tambre, Conxo, Fontiñas e San Roque, coordinadas polo Departamento de Educación, seguen a traballar coordinadamente para contar con actividades que contribúan á mellor formación dos nenos e nenas de 0 a 3 anos. Nesta ocasión, en colaboración coa Escola Municipal de Música de Compostela (EMMSC), estase desenvolvendo un proxecto dedicado á música, que leva por título A familia redonda.

As actividades contan coa visita en cada escola da directora da EMMSC, Sara Domínguez, e do xefe de estudos, Mario Diz. Na primeira visita, os nenos e nenas teñen un achegamento á práctica musical a través de contos, cancións, xogos ou obradoiros de instrumentos, entre outras propostas educativas. Deste xeito, os equipos pedagóxicos desenvolven un labor de iniciación a música que lles parece de especial interese no proxecto educativo da escola, contando co asesoramento dos profesionais da EMMSC.

Compartir: