DEPORTES

Deportes concede case 70.000 euros para 35 actividades puntuais

05/11/2007 A Concellería de Deportes determinou os 35 eventos que se beneficiarán das subvencións destinadas ao fomento de actividades deportivas puntuais en 2007. En total concédense axudas por importe de 69.538 euros.

Entre as actividades subvencionadas destacan, polo seu importe, o XX Rali Botafumeiro (5.855 euros), o Campionato de España Junior de Loitas Olímpicas (5.219), os XI Xogos Autonómicos de Natación (4.964).

Equipamento deportivo
Por outra parte, o Concello aceptou a doazón de material deportivo por valor de 45.048 euros, ofrecido por Galevents Incentivos, que se poñerá a disposición dos diferentes colectivos cidadáns que utilizan os pavillóns e campos de fútbol municipais. Esta doazón responde ao agradecemento ao Concello pola súa colaboración no evento internacional organizado pola empresa nos meses de xuño e xullo.

O material cedido é un tapiz de loitas olímpicas, catro banquiños de xogadores, dous marcadores electrónicos, 900 asentos de bancada e diverso equipamento para voleibol.

Compartir: