EIXO ATLÁNTICO

Santiago participa na VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico que terá lugar esta fin de semana en Barcelos

12/04/2024 Este sábado 13 e domingo 14 de abril celébrase na cidade portuguesa de Barcelos a VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico. Este concurso musical, nado en 2008, contará coa participación de 408 mozos e mozas de Galicia e do Norte de Portugal nunhas xornadas abertas ao público. Santiago estará representado ola Banda Sinfónica, polo Coro Profesional do Conservatorio Profesional de Santiago (CMUS) e por un trompetista solista da Escola Municipal de Música de Santiago.

O Eixo Atlántico convocou a oitava edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico que se celebra bianualmente "coa finalidade de recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando a aqueles músicos intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuír á difusión do gusto pola música en Galicia e no Norte de Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción e a renovación no panorama musical do Eixo Atlántico".

32 solistas e 343 participantes en agrupacións de 30 escolas de música e conservatorios de 22 municipios del Eixo Atlántico, interpretarán pezas de música clásica e jazz. O/as solistas, de entre 8 e 18 anos, e os grupos, nos que participan mozos de ata 25 años, son de Barcelos, Gaia, Braga, Famalicão, Santa Maria da Feira, Guimarães, Vila do Conde, Fafe, Bragança, O Barco de Valdeorras, Felgueiras, A Coruña, Amarante, Ferrol, Vila Real, Gondomar, Santiago de Compostela, Mirandela, Ponteareas, Esposende, Viana do Castelo e Matosinhos

Santiago estará presente na Mostra Musical do Eixo Atlántico representado pola Banda Sinfónica, polo Coro Profesional do Conservatorio Profesional de Santiago (CMUS) e por un trompetista solista da Escola Municipal de Música de Santiago, que actuarán o sábado 13 de abril. A final e entrega de premios será o 14 de abril.

Direcciones relacionadas



Compartir: