CONSORCIO

O Consorcio de Santiago celebrou este martes o seu Consello de Administración e Comisión Executiva

12/03/2024 Ambas reunións estiveron presididas pola alcaldesa da cidade e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín.

O Consorcio de Santiago celebrou este martes seu Consello de Administración e Comisión Executiva. Ambas reunións realizáronse de maneira semipresencial na sede do Consorcio de Santiago no Pazo de Vaamonde, con algúns dos integrantes participando de xeito telemático.

As reunións estiveron presididas pola alcaldesa da cidade e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín. No Consello de Administración participaron tamén os seus vicepresidentes: Pilar Paneque Sosa, subsecretaria do Ministerio de Facenda, en representación da Administración Xeral do Estado e Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en representación da Xunta de Galicia. E en calidade de vogais, Miguel Corgos López-Prado, Conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia e Borja Verea Fraiz e Gonzalo Muníños Sánchez, ambos Concelleiros en representación do Concello de Santiago.

Na Comisión Executiva, acudiron en calidade de vogais Juan Ángel Esteban Paul, Inspector xeral do Ministerio de Facenda, e Anxo Manuel Lorenzo Suárez, Director xeral de Cultura da Xunta de Galicia. En ambas reunións participaron José Manuel González García, Vicesecretario do Concello e Secretario do Consorcio, Juan Ramón Gónzalez Carnero, Interventor do Consorcio e do Concello de Santiago e a súa xerente, Belén Hernández.

Nas xuntanzas aprobáronse diferentes asuntos de trámite para os vindeiros meses entre os que cabe destacar o expediente de licitación da concesión do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, cuxa publicación oficial está prevista para este mesmo mes de marzo, unha vez tramitados os documentos e acordos adoptados hoxe.

Compartir: