IGUALDADE

Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista

27/02/2024 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas o 22 de febreiro en Girona e o 23 de febreiro en Ciudad Real, vítimas de violencia machista.

Membros da Corporación e persoal do Concello participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das mulleres asasinadas. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas.

Compartir: