ALCALDÍA

Minuto de silencio polas persoas falecidas no incendio de Valencia

26/02/2024 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas persoas falecidas no incendio de Valencia do pasado 22 de febreiro.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou no acto, ao que tamén se sumaron outros/as integrantes da Corporación e persoal municipal. O minuto pechouse cun aplauso.

O Concello de Santiago pretende con este minuto de silencio trasladar o seu apoio e solidaridade ás familias das vítimas e ás persoas afectadas polo incendio no edificio no barrio do Campanar de Valencia, que tivo lugar o pasado 22 de febreiro.

Compartir: