IGUALDADE

Ampliado ata o 28 e febreiro o prazo de inscrición ao curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas organizado polo CIM

19/02/2024 Todas as mulleres interesadas poderán inscribirse ata o 28 de febreiro neste curso que se desenvolverá entre o 4 e o 18 de marzo no pavillón municipal do Restollal e será monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Un ano máis a Concellaría de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Santiago, a través dunha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, organizan unha nova edición do curso de autodefensa para mulleres antes situacións violentas, cuxo prazo de inscrición vén de ampliarse ata o vindeiro 28 de febreiro.

As inscricións levaranse a cabo por rigoroso orde de presentación da solicitude na sede electrónica do Concello de Santiago (trámite 'Inscrición en actividades en materia de igualdade'). O total de plazas ofertadas é 20, máis 10 de reserva, e terán preferencia as mulleres que estean empadroadas neste concello.

Para máis información, as mulleres interesadas poden dirixirse ao CIM no teléfono 981542465/660309731 ou no correo electrónico cim@santiagodecompostela.gal.

Compartir: