MOBILIDADE

Apertura do prazo de solicitude das tarxetas de residente para as novas rúas de zona ORA e de zona verde

06/02/2024 Os cidadáns que cumpran os requisitos establecidos na ordenanza municipal da O.R.A. para obter o distintivo de residente por domicilio, por traballo ou actividade profesional ou por municipio, poderán solicitar o correspondente distintivo de aparcamento para as novas rúas de zona azul ORA e de zona verde aprobadas pola Xunta de Goberno do 5 de febreiro.

Tras a aprobación pola Xunta de Goberno do 5 de febreiro, as rúas de nova inclusión na zona azul ORA e na zona verdes, son as seguintes:

Rúas na zona azul ORA:

- avenida de Barcelona
- avenida de Bilbao
- rúa de Antonio Rama
- rúa de Manuel Caeiro
- rúa de Sempre en Galiza
- rúa de Valentín Varela Iglesias

Rúas na zona verde:

- rúa de San Ignacio de Loyola
- rúa das Oblatas
- rúa das Trompas.

Os requisitos de solicitude para obter o distintivo de residente por domicilio, por traballo ou actividade profesional ou por municipio poden consultarse nos artigos 7, 8 e 9 da Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo da O.R.A. e Aparcamento de Residentes.

Compartir: