MOBILIDADE
As persoas interesadas en realizar a proba deberán dirixir a súa solicitude á alcaldesa do Concello de Santiago, empregando o modelo MO040 dispoñible na sede electrónica do Concello, xunto coa documentación pertinente. A solicitude poderá presentarse a través da sede electrónica (trámite: ‘obtención do permiso municipal de condutor’) ou de xeito presencia no Rexistro Xeral do Concello sito na rúa Presidente Salvador Allende nº 4 baixo en horario de 9:00 a 13:00 horas ou en calquera dos lugares indicados na Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O 1 de setembro abre o prazo de inscrición para a proba de obtención do permiso municipal de condutor/a de taxi
23/08/2023 Todas as persoas interesadas en realizar a proba para a obtención do permiso municipal de condutor/a para prestar servizos de taxi no Concello de Santiago poderán presentar a súa solicitude desde o 1 de setembro ata o 15 de setembro. O exame terá lugar o 2 de outubro.
O Concello de Santiago lanzou esta semana unha nova convocatoria para a obtención do permiso municipal de condutor/a para prestar servizos de taxi. A proba terá lugar o vindeiro 2 de outubro ás 10:00 horas no Edificio CERSIA, situado na rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n no barrio de San Lázaro e consistirá nun cuestionario por escrito no que se formularán quince preguntas: dez delas relativas aos coñecementos necesarios e cinco itinerarios nos que se facilitará un punto de saída e un de chegada, debendo seleccionar a resposta que representa o percorrido máis curto, tendo en conta os sinais de tráfico.As persoas interesadas en realizar a proba deberán dirixir a súa solicitude á alcaldesa do Concello de Santiago, empregando o modelo MO040 dispoñible na sede electrónica do Concello, xunto coa documentación pertinente. A solicitude poderá presentarse a través da sede electrónica (trámite: ‘obtención do permiso municipal de condutor’) ou de xeito presencia no Rexistro Xeral do Concello sito na rúa Presidente Salvador Allende nº 4 baixo en horario de 9:00 a 13:00 horas ou en calquera dos lugares indicados na Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.