CONSORCIO
O galego Javier Fajardo será o director nun espectáculo no que o coro Orfeón Terra a Nosa actuará como coro de escenario. No programa do concerto interpretarase a Misa na Honra do Apóstolo Santiago do compositor Juan Montes e a panxoliña Merry Christmas Beethoven, de Juan Durán.
Para poder participar, os coros interesados poderán inscribirse no proxecto entre os días 6 e 15 de setembro cubrindo unha ficha e enviándoa ao correo electrónico info@rfgalicia.org. Dito formulario estará dispoñible na web da orquestra, rfgalicia.org.
Entre os coros inscritos farase unha selección atendendo ao equilibrio das cordas de cada coro e a súa traxectoria. Esta escolla será anunciada o 18 de setembro e terá un máximo de 120 coristas. Previamente ao concerto participativo estableceranse tres ensaios dirixidos polo director Javier Fajardo o 5 de novembro e 17 e 20 de decembro.
A Real Filharmonía fai un chamamento a coros galegos para actuar nun concerto participativo o 21 de decembro
10/08/2023 As formacións interesadas poderán inscribirse entre o 6 e o 15 de setembro.
A Real Filharmonía de Galicia celebrará o vindeiro 21 de decembro no Auditorio de Galicia, dentro da súa temporada Migracións, un concerto participativo que levará por nome 'CANTAMOS!' no cal poderán cantar coros galegos.O galego Javier Fajardo será o director nun espectáculo no que o coro Orfeón Terra a Nosa actuará como coro de escenario. No programa do concerto interpretarase a Misa na Honra do Apóstolo Santiago do compositor Juan Montes e a panxoliña Merry Christmas Beethoven, de Juan Durán.