TURISMO
Goretti Sanmartín, na carta que acompaña a documentación, lémbralle ao presidente da Xunta a necesidade de axendar un encontro institucional para analizar conxuntamente e, na medida do posible, axilizar os trámites de cara a estabelecer unha regulamentación sobre a mencionada taxa turística. Sobre este punto, a alcaldesa asegura que se trata dun asunto de vital importancia para o Concello de Santiago, posto que o destino do recadado permitiría afrontar parte dos sobrecustos de recibir un número de visitantes que ano a ano bate récords, entre os que estaría o necesario reforzo de limpeza e de seguridade cidadá, a conservación e rehabilitación do Patrimonio, o desenvolvemento de accións de desestacionalización e promoción turística fóra dos tempos e espazos con maior presenza cuantitativa de turistas, ou as campañas de sensibilización por un turismo consciente.
Ademais da taxa turística, Goretti Sanmartín indica outros temas comúns para tratar entre as dúas administracións como as necesidades de aparcadoiro no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, as urxencias de saneamento e abastecemento no rural de Santiago, o novo edificio da Escola Oficial de Idiomas, a ampliación do Conservatorio de Música, o impulso ao Conservatorio de Danza de Santiago de Compostela, a problemática da vivenda, tanto no referido á construción de vivenda de protección oficial como á necesaria definición de vivenda baleira de cara a dinamizar o parque inmobiliario deshabitado; o incremento do Estatuto de Capitalidade e incremento de achega para o Consorcio de Santiago, o centro de saúde de Conxo, a posta en común da achega que se fai por parte da Xunta de Galicia tanto ao servizo de comedores como ao Servizo de Asistencia no Fogar, a senda ciclable ao Milladoiro ou o parque comarcal de bombeiros.
O Concello de Santiago remítelle á Xunta de Galicia unha proposta de proxecto de lei sobre a taxa turística
03/08/2023 A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, vén de remitirlle esta mañá ao presidente da Xunta a documentación sobre a taxa turística que, ademais dun exhaustivo informe sobre a súa aplicación práctica, inclúe a "Proposta de proxecto de lei do imposto sobre estadías turísticas en establecementos da Comunidade Autónoma de Galicia".
Trátase dun documento que, entre outras cuestións, detalla os supostos en que sería aplicable o imposto á estadía turística; así como o tipo de gravame e cota tributaria segundo a tipoloxía e categoría dos establecementos hoteleiros, cámpings ou áreas de caravanas. Xunto coa proposta de proxecto de lei, a alcaldesa tamén lle remite ao presidente un extenso informe sobre a aplicación da denominada taxa turística realizado para o Concello de Santiago polo profesor César García Novoa, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago de Compostela. Este informe baséase no que xa elaborara o mesmo docente e investigador para o goberno anterior, mais cunha actualización que ten data do 1 de agosto de 2023.Goretti Sanmartín, na carta que acompaña a documentación, lémbralle ao presidente da Xunta a necesidade de axendar un encontro institucional para analizar conxuntamente e, na medida do posible, axilizar os trámites de cara a estabelecer unha regulamentación sobre a mencionada taxa turística. Sobre este punto, a alcaldesa asegura que se trata dun asunto de vital importancia para o Concello de Santiago, posto que o destino do recadado permitiría afrontar parte dos sobrecustos de recibir un número de visitantes que ano a ano bate récords, entre os que estaría o necesario reforzo de limpeza e de seguridade cidadá, a conservación e rehabilitación do Patrimonio, o desenvolvemento de accións de desestacionalización e promoción turística fóra dos tempos e espazos con maior presenza cuantitativa de turistas, ou as campañas de sensibilización por un turismo consciente.