MOBILIDADE E CONVIVENCIA

Instalada nova sinaléctica para lembrar a prohibición de circular en bicicleta pola rúa de San Pedro

02/08/2023 O Concello vén de instalar nova sinaléctica en San Pedro para advertir da prohibición de circular en bicicleta pola rúa. As persoas que as utilicen deberán desviarse pola rúa da Angustia cara a rúa de Bonaval. Con esta medida, o Departamento de Mobilidade pretende mellorar a convivencia neste punto de entrada do Camiño de Santiago.

San Pedro e, unha vez instalada esta nova sinalización ao respecto do uso da bicicleta, comezarán as sancións polo mal uso deste vehículo. O obxectivo do Concello é garantir a convivencia e a seguridade na rúa de San Pedro, onde se viñan recibindo múltiples queixas pola presenza fundamentalmente de peregrinos e peregrinas que circulan en bicicleta nunha rúa de tráfico restrinxido e contra o sentido de circulación establecido para os vehículos autorizados, e en moitas ocasións a velocidades inadecuadas.

Compartir: