MOBILIDADE

Inícianse os horarios de verán 2023 no transporte urbano

26/06/2023 A partir deste sábado, 1 de xullo, ponse en marcha a tempada de verán nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.

As liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais desta temporada. Nesta tempada, reforzaranse os servizos da liña 6 - 6A nos sábados, domingos e festivos.

Nos vindeiros días estarán dispoñibles nos autobuses a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e realizarase a substitución da cartelería nas paradas da cidade.

Poden consultarse os horarios e frecuencias por liña na ligazón ao final da noticia.

Direcciones relacionadas



Compartir: