MEDIO AMBIENTE

O Concello promove a reciclaxe coa iniciativa 'Que ben que vén!'

15/06/2023 'Que ben que vén' é unha acción de rúa promovida polo Concello de Santiago para concienciar á cidadanía sobre a reciclaxe e a xestión de residuos especiais. Este punto de información aos viandantes estará instalado na rúa Virxe da Cerca durante toda a xornada de mañá.

O obxectivo da acción 'Que ben que vén!' é chamar a atención das persoas da rúa, usando paneis e elementos reais para contar en profundidade a importancia dunha correcta reciclaxe no ámbito doméstico e de levar os residuos ao punto limpo para que teñan unha "segunda vida".

Esta iniciativa desenvolverase na rúa Virxe da Cerca fronte ao Edificio Peregrinus, mañá, venres 16 de xuño entre as 10 e as 20 horas.

'Que ben que vén!' está desenvolvido por Santiago Sostible, iniciativa impulsada polo Concello de Santiago e Urbaser para centralizar todas as accións de mellora e difusión da limpeza viaria e a recollida de lixo co fin de conseguir unha cidade máis limpa, coidada e sostible.

Direcciones relacionadas



Compartir: