TURISMO

Turismo de Santiago aposta pola recuperación do mercado xaponés neste 2023

25/04/2023 O turismo xaponés é de alto valor engadido, cun gasto medio diario de 262 euros por persoa en España.

Turismo de Santiago participou onte na Asamblea Xeral da Asociación Hispano Xaponesa de Turismo, que está formada por empresas e entidades dos sectores turísticos españois e xaponeses e que ten por principal obxectivo fomentar o turismo entre ambos países.

Xapón foi un dos países máis restrictivos fronte ao Covid-19. O goberno xaponés mantivo prácticamente pechada a súa frontera dende o inicio da pandemia, o que supuxo un gran obstáculo para a comercialización de productos de axencias de viaxes e afectou considerablemente ás actividades turísticas internacionais de Xapón.

O goberno xaponés comezou a reducir as restriccións a partires de marzo do 2022, permitindo ata 10.000 pasaxeiros diarios e flexibilizando paulatinamente os requisitos de corentenas para persoas con tres doses da vacina e proba de PCR negativa.

Tras estas reduccións progresivas dos restriccións, a previsión é que os turistas xaponeses podan reactivar dun modo relevante as súas viaxes ao exterior, logo de tres anos sen practicamente poder sair do país. Neste marco, dende Turismo de Santiago considérase que é unha oportunidade para recuperar e incluso aumentar a presenza de turistas xaponeses na cidade.

O mercado xaponés, pese a súa lonxanía, é un dos máis interesantes para a cidade polo seu alto valor engadido. O gasto medio diario dun turitas xaponés en España é de 262 euros, sendo un dos mercados mundiais con maior gasto por persoa. Trátase así dun mercado estratéxico para continuar consolidando un modelo turístico de calidade na cidade.

Con este obxectivo, Turismo de Santiago xa participou no pasado mes de setembro na JATA, principal feira turística para o mercado xaponés, e tamén na ILTM Asia Pacific, feira de turismo de luxo que dirixida aos mercados asiáticos, entre eles o mercado nipón.

Compartir: