MEDIO AMBIENTE

O IES Antonio Fraguas, IES Lamas de Abade e o Colexio La Salle, galardoados no IX Certame Literario de Viaqua

12/04/2023 Trece alumnas e alumnos do IES Antonio Fraguas, IES Lamas de Abade e Colexio La Salle de Santiago foron galardoados no IX Certame Literario ‘Relatos de Auga Intelixente’. Este certame, organizado por Viaqua, está dirixido a escolares dos preto de 50 concellos onde a empresa xestiona o ciclo integral da auga. A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro e o director da empresa Viaqua, Iván José Vicente, foron os encargados de entregar os premios nun acto que tivo lugar onte no Pazo de Raxoi.

Ao evento acudiron os premiados acompañados de familiares e representantes dos colexios premiados, Carlos Encisa, director do IES Antonio Fraguas, Carolina Varela, directora do IES Lamas de Abade e Xosé Ramón Pallares, profesor do Colexio La Salle.

A temática desta última edición centrouse na seca e como o consumo responsable da auga pode axudar a mitigar esta situación. Desde Viaqua, destacan que o obxectivo deste certame é difundir a cultura galega e fomentar a participación activa dos rapaces e rapazas no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.

Na novena edición do Certame Literario "Relatos de Auga intelixente" a empresa aumentou o número de premios, un total de 19, e fomentando e apoiando o comercio local, entregando como premios "Vales regalo" de 150€ (1ºpremio), 75€ (2º premio) e 50€ (terceiro premio) para consumir no comercio local en produtos deportivos, de papelería/librería ou tecnolóxicos.

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, destacou a importancia deste certame xa que os relatos presentados "suman e sensibilizan nesta tarefa común de consumo responsable e uso intelixente da auga" nos máis novos, o que marcará "o futuro do noso planeta". O director de Viaqua, Iván José Vicente agradeceu a implicación dos profesores e familiares para fomentar as vocacións literarias no alumnado, así como a colaboración do Concello de Santiago en todas as edicións do Certame Literario

O xurado, composto por Carlos Taboada, escritor e ilustrador en Polo Correo do Vento; Susana Fernández, técnica do Departamento de Explotación de Augas de Galicia; Mª Teresa Abalde, xurídica de Viaqua e Maria del Mar Fernández Vázquez, profesora da Universidade de Vigo, seleccionou as propostas presentadas por Anais Bilial, Candela Castro, Carlota Millán, Paula Otero, Maruxa Bravo, Marta de la Santísima Trinidad, Joaquín López, Xoel Amigo, Icía Lagares, Xosé Silva, Xiana Andrade, María Alvarellos e Raquel Soto como premiados nas diferentes categorías pola adecuación dos seus traballos ás bases do concurso, así como pola súa calidade e creatividade.

Relatos gañadores do IX Certame Literario Viaqua en Santiago

RELATOS CLÁSICOS

- Categoría 1º e 2º ESO

3º PREMIO:
Relato ‘Mea Culpa’ – Anais Bilal El Hawary Pérez do IES Antonio Fraguas.

2º PREMIO:
Relato ‘Espertar dun mal soño’ – Candela Castro López do IES Antonio Fraguas

1º PREMIO:
Relato ‘Fervenza Muda’ – Carlota Millán Dorado do IES Antonio Fraguas

- Categoría 3º e 4º ESO

3º PREMIO:
Relato ‘O Río Seco’ – Paula Otero Freire do IES Lamas de Abade.

2º PREMIO:
Relato ‘O Último Alento’ – Maruxa Bravo Rodríguez do IES Lamas de Abade

1º PREMIO:
Relato ‘Nena Aigua’ – Marta de la Santísima Trinidad Alberti do IES Antonio Fraguas.

- Categoría BACHARELATO/FP

3º PREMIO:
Relato ‘A curiosa despedida dun convicto’ – Joaquín López Rodríguez do Colexio La Salle.

2º PREMIO:
Relato ‘Mártires’ – Xoel Amigo Moure do IES Antonio Fraguas

RELATOS CREATIVOS

- Categoría 1º e 2º ESO

1º PREMIO:
Relato ‘Canto Máis Hai Que Agardar?’ - Icía Lagares Sanmiguel do IES Lamas de Abade
Categoría 3º e 4º ESO

2º PREMIO:
Relato ‘Escorregamento quebrado’ – Xosé Silva Carbajales do IES Lamas de Abade

- Categoría BACHARELATO/FP

3º PREMIO:
Relato ‘Selo De Identidade’ – Xiana Andrade Fuentes do IES Lamas de Abade.

2º PREMIO:
Relato ‘Rías Desesperadas’ – María Alvarellos Villaverde do Colexio La Salle

1º PREMIO:
Relato ‘Pinga Orfa’ – Raquel Soto Sánchez do Colexio La Salle

Compartir: