XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local dá luz verde á memoria programática e económica do Certame de Teatro Intercentros 2023

10/04/2023 A Xunta de Goberno Local aprobou a memoria programática e económica por importe de 9.021,68 euros, do "XXVII Certame de Teatro Intercentros 2023". Trátase dun programa da Concellaría de Educación, destinado a alumnado de primaria e secundaria da comarca de Santiago, que coincide no tempo co curso escolar. De outubro a abril prepáranse as distintas obras, que se presentan ao público no mes de maio.

As representacións terán lugar no Teatro Principal e no Centro Xove da Almáciga. Os días 4, 8, 9, 10 e 11 de maio, serán as actuacións de secundaria; e os días 12, 15 e 16 de maio, as de primaria. Estímase que sobre o palco haberá uns 150 pequenos actores ou actrices, que achegarán o teatro a un público estimado de 1.650 persoas.

O 4 de maio actuarán os grupos de Teatro do IES Antón Fraguas, ás 10:30 h e 12:30 h coas obras "As maletas dos contos viaxeiros" e "Gretel". O luns, 8 de maio, o IES do Brión interpretará, ás 12:00 h "Teatro das maniotas" e ás 18:00 h "Luces, cámara, CAOS". Un día despois, o martes 9, é a quenda do IES Xelmírez II, ás 12:00 h, coa obra "As Lísímacas" e do IES de Cacheiras, que tamén representará, ás 17:30 h, "As maletas dos contos viaxeiros"

O venres, 10 de maio, "Danza Mandala" interpretará, ás 12:00 h, danza moderna; e ás 19:00 h, o grupo de teatro do IES Rosalía representará "Unha mensaxe á humanidade". E o día 11, o IES Pontepedriña, ás 12:00 h, presenta a comedia "24 por segundo". Pola tarde, é a quenda do grupo de teatro "Vai no dentista" do IES Xelmirez I, que dramatizará "Sólo de triángulo en Re menor. 2º movemento. 3ª parte. Allegro (pero non tanto)".

O venres, 12 de maio, comeza a quenda do alumnado de secundaria. O "Obradoiro de teatro do López Ferreiro", representarán, ás 10:30 h no Centro Xove da Almáciga, "Fai un trato co galego". Ás 11:30 h o grpo de teatro da Sionlla, formado por alumando do CEIP Arquitecto Casas Novoa, interpretará "Alicia no país das marabillas". E a continuación, a aula de teatro da Inmaculada, dramatizará, ás 12:30 h, "Xogamos ou non?"

Triple sesión tamén o martes, 15 de maio, coa aula de teatro das Orfas, do centro Nosa Señora dos Remedios, que interpretará ás 10:30 h "Compartindo é máis doado ir sorrindo" . Ás 11:30 h, a aula de teatro do CEIP Raiña Fabiola representará "A Gata con Botas" e ás 12:30 h o grupo "As Lupas pictográficas" integrado por alumnado do CEE Aspanaes Duques de Lugo, teatralizará "Invisible", de Eloy Moreno. O último día, o luns 16 de maio, é a quenda do Colexio San Jorge, que ás 11:30 h. interpretará "Aterrorichanzas" e a continuación ás 12:30 h. "Futurible".

Compartir: