MEDIO RURAL

O alcalde visita, en Barciela e Cesar, as obras de mellora da contorna e pavimentación de viais

24/03/2023 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo visitou as parroquias de Barciela e Cesar, onde se reuniu coa veciñanza. Nestas parroquias leváronse a cabo distintas obras de posta en valor das contornas e mellora de viais, que contaron cun orzamento de execución total de 458.703,98 euros.

Acompañaron o alcalde, a concelleira de Medio Rural, Begoña Rodríguez; e o responsable de Mobilidade, Barrios e Obras, Gonzalo Muiños. Durante a visita tomaron nota das peticións da veciñanza, entre elas un parque biosaudable, e o cambio de ubicación dun paso de cebra.

Tamén supervisaron as actuacións realizads. Na Barciela leváronse a cabo obras de posta en valor da contorna residencial do Camiño Inglés e o acceso ao conxunto parroquial por importe de 181.954,67. Afectan a un tramo de 145 metros de lonxitude, e supuxo a creación dunha área de preferencia peonil para as persoas residentes, a renovación e soterramento das redes municipais de abastecemento, pluviais e alumeado, así como a preinstalación soterrada das redes de electricidade e telecomunicación. A actuación completouse coa instalación da sinalización viaria do tramo e coa conexión coa estrada nacional N-550.

Nesta zona tamén se levou a cabo a mellora do vial dende o entorno da N-550 en Barciela ata Casas de Arriba en Cesar, no tramo comprendido entre a igrexa de San Andrés de Barciela e o cruce de Candelabeira, por un importe de 260.000 euros. En concreto, leváronse a cabo actuacións de limpeza e acondicionamento do firme existente, incluíndo a eliminación de maleza e elementos superficiais; a limpieza das cunetas e dos pasos salvacunetas; o rebacheo cun espesor medio de 12 cm de grava, un rego semiprofundo de emulsión asfáltica; e o subministro e posta en obra da MBC (Mestura Bituminosa en Quente) en capa de rodadura de 5 cm.

O proxecto tamén incluiu o a ampliación de beirarrúas e formigón en plataformas para as paradas de autobús; o acondicionamiento das paradas de rasantes dos pozos e arquetas existentes; a instalación de colectores e sumideros de pluviais, a substitución de sinais de tráfico en mal estado e a insalización horizontal.

Tamén se acometeron obras de mellora do firme no lugar de Benavente (A Barciela), por un importe de 16.749,31 euros. Xunto coas das parroquias de Verdía, Grixoa, A Peregrina e Sabugueira, suman un investimento total de 173.190 euros.

Compartir: