EDUCACIÓN
Programa de Conciliación
Esta iniciativa está dirixida a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria da cidade (entre o 2º ciclo de educación infantil e o 3º ciclo de educación primaria) con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
O programa desenvolverase durante o período de vacacións escolares dos días 3, 4, 5 e 10 abril de 2023.
O horario será de 9:00 a 14:00 horas con posibilidade de ampliar o horario co servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e o servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas).
Ofertanse un total de 170 prazas para obradoiros e actividades, 70 prazas para o servizo de almorzo e 130 prazas para o servizo de xantar. Reservaranse 20 prazas de cada modalidade para nenos e nenas con informe do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Santiago.
Publícase a listaxe de prazas adxudicadas no Programa de Conciliación de Semana Santa
21/03/2023 A Concellaría de Educación publica hoxe a listaxe de admitidos e de agarda do Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa 2023 que se desenvolverá os días 3, 4, 5 e 10 abril de 2023 nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes.
Todas as persoas solicitantes foron admitidas, agás as que presentaron a súa solicitude fóra de prazo. No caso de que finalmente queden prazas vacantes, asignarase prazas á lista de agarda dos solicitantes que entraron fóra de prazo.Programa de Conciliación