TURISMO

Turismo de Santiago participa nas Xornadas sobre Turismo de Reunións do Spain Convention Bureau

17/03/2023 As perspectivas do sector de Congresos en Santiago para o 2023 son optimistas, cun gran número de congresos e encontros internacionais previstos.

Turismo de Santiago está asistindo esta semana ás xornadas técnicas sobre turismo de reunións organizadas polo Spain Convention Bureau, unha rede de entidades locais que agrupa a 62 destinos de congresos, que dispoñen de recursos humanos e técnicos suficientes para a organización de reunións e eventos dirixidos a un aforo mínimo de 500 persoas.

O obxectivo deste encontro é debatir sobre a Industria de Reunións, tamén chamado Turimo MICE. Tratase dun dos segmentos turísticos que máis contribúe a reducir a estacionalidade da actividade turística nos destinos, xera valor e crecemento e mantén a calidade e estabilidade no emprego.

Segúndo as cifras do INE do 2021, o turista de reunións gastóu 283,4 euros por día, fronte aos 83,2 euros que gastou o turista de ocio, o que supón tres veces máis. No 2022 España subíu ata o segundo posto do ranking mundial na organización de eventos internacionais, segundo o informe que cada ano elabora o organismo internacional ICCA.

No 2022 Santiago viviu unha importante reactivación do sector de Congresos, Eventos, Xornadas e Incentivos, con máis de 100 encontros destes tipos na cidade. A primeira parte do ano estivo aínda condicionada polo Covid-19. Pero o último cuatrimestre do ano foi positivo, con 50 eventos de setembro a decembro.

As perspectivas para o 2023 son optimismas, cunha segunda parte do ano chea de eventos, tanto de congresos como de encontros internacionais de máximo nivel. Por exemplo, só no mes de setembro celebraranase o "Congreso da Sociedade Española de Psicofisioloxía", o "Congreso da Sociedade Españoa de Ortodoncia", unha reunión de ministros de traballo da Unión Europea, un cumio de ministros da Unión Europea e Latinoamérica, e unha reunión do Consello de Asuntos Económicos e Financiarios da Unión Europea.

Compartir: