DEPORTES

Preto de 600 atletas participarán este sábado nas distinas probas de Dúatlon Cidade de Santiago

16/03/2023 A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou hoxe os detalles do XX Dúatlon Cidade de Santiago e do XXIII Duatlón Escolar Cidade de Santiago. Na rolda estivo acompañada por Javier Campos Peña, presidente da Federación Galega de Triatlón, e Paloma Herbello Hermelo, presidenta do Club Triatlón Santiago.

O vindeiro sábado tamén terá lugar a proba clasificatoria do III Duatlón Cidade de Santiago nas categorías cadete, xuvenil e junior. Trátase dunha proba do circuíto Supersprint, clasificatoria para o Campionato Galego de Duatlón, no que participarán arredor de 150 atletas de distintos clubs de Galicia.

Esta proba clasificatoria comeza ás 14:30 horas e transcorre polas inmediacións do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro. A esa hora comezará os circuítos de Supesprint para a categoría masculina, que será seguida pola feminina e a de promoción aberta, no que as persoas participantes terán que percorrer unha distancia de 2 km a pé, 7 km en bicicleta e 1 km a pé. A saída, boxes e meta estarán situados nas inmediacións do estadio e a carreira de ciclismo discorrerá pola estrada que vai dende o estadio á base da subida ao Monte do Gozo.

Xa pola tarde comezarán as probas clasificatorias para os Campionatos Galegos Absoluto de Dúatlon por Estrada en categorías feminina e masculina, cunha participación de 157 deportistas, das cales 30 serán mulleres.

A proba para adultos constará de 3 saídas. Comezarán as 15:30 coa saída masculina sen tempo de corte, as 17:15 será a saída masculina con corte e finalmente as 17:30 a saída feminina. Neste caso as distancias serán de 5 km de carreira a pé antes de enfrontarse o circuíto de ciclismo de 18,5 km co atractivo de ter que subir 3 veces ó Monte do Gozo e finalmente outra carreira a pé de 2,5 km

Duatlón escolar

Pola mañá, o club organiza a edición número XX do Duatlón Escolar, que terá carácter clasificatorio provincial. Estímase que participen máis de 250 nenos e nenas repartidos en catro categorías pertencentes a colexios e clubs da provincia.

A proba escolar será clasificatorio provincial dentro do programa Xogade promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte. Estas probas está dirixida a rapazas e rapaces nados entre o 2008 e 2015. Ademais haberá unha proba non competitiva para os máis pequenos, nados entre 2016 e 2017 que teñan os 6 anos cumpridos. A saídas serán por categorías entre as 10:00 as 12:45, recorrendo distancias entre 200 e 1600 m na carreira a pé e entre 1,7 e 6,8 Km no sector de bicicleta. Estimamos unha participación de 254 rapazas e rapaces.

Premios

Na proba popular Supersprint haberá trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as nas competicións absolutas e medallas para as tres primeiras persoas de cada categoría.

Na proba do Circuíto Galego haberá premios económicos para os ganadores da proba feminina e masculina con corte. O e a primeira clasificada levarán 150 euros, os segundos clasificados 100 euros e o terceiro e terceira 50 euros e unha bolsa de produtos Nutrisport. Tamén haberá premio de 200 euros para o primeiro club.

As tres probas probas están organizadas polo Concello, a Federación Galega de Triatlón e Inforhouse Santiago.

Compartir: