DEPORTES

Máis de 100 judokas daranse cita esta fin de semana no XV Trofeo de Judo Cidade de Santiago

16/03/2023 A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada por David Neira, delegado comarcal da Federación Galega de Judo e Xaquín Baldomir do judo club base, presentaron esta mañá en rolda de prensa o XV Trofeo "Cidade de Santiago", que reunirá esta fin de semana en Compostela a 108 judokas de Asturias, Castilla y León, Cantabria y Galicia, pertencente á categoría júnior. O domingo tamén terá lugar a iniciativa XOGAJUDO, para achegar esta disciplina a arredor de 300 cativos e cativas.

O Pavillón Municipal do Restollal acollerá este sábado 18 de marzo o Campionato de España Júnior de Judo - Sector Oeste, tanto na súa categoría masculina como feminina. A competición comezará ás 13:30 horas e a entrega de trofeos celebrarase a partir das 19:00 horas. Esta campionato encádrase dentro do sistema de competicións nacionais, anuais e puntuables, establecido pola Real Federación Española de Judo como sistema de clasificación para o campionato de España.

Tamén se celebrará no pavillón do Restollal o vindeiro domingo, 29 de marzo, o XOGAJUDO zona de Santiago, que contará coa participación de 300 deportistas nas categorías benxamín, alevín e infantil, procedentes de toda Galicia. O obxectivo desta iniciativa é instaurar hábitos de práctica deportiva saudables nos rapaces e rapazas, achegando esta disciplina deportiva dun xeito fácil e divertido, aos nenos e nenas, fomentando así o deporte base.

O trofeo está organizado polas Federacións Galega e Española co apoio do Concello de Santiago. A concelleira de Deportes animou á veciñanza "a achegarse esta fin de semana ao Restollal e disfrutar con esta disciplina que é tan vistosa".

Direcciones relacionadas



Compartir: