ALCALDÍA

A praza do Obradoiro acollerá este venres cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo ucraíno tras un ano de guerra

22/02/2023 O Concello de Santiago convoca para este venres 24 de febreiro ás 12.30 h un acto de cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo ucraíno, cando se cumpre un ano desde o comezo da agresión rusa. Todas aquelas persoas que o desexen poderán unirse a esta homenaxe, que contará coa actuación da Banda Municipal de Música de Santiago.

A praza do Obradoiro acollerá este venres, ás 12.30 h, cinco minutos de silencio como mostra de pesar pola guerra en Ucraína, que xa cumpre un ano de combates, e tamén en solidaridade co sufrimento do pobo ucraíno. Durante o acto, aberto a toda a cidadanía, a Banda Municipal de Música de Santiago interpretará o himno de Ucraína.

Este acto súmase a outras iniciativas lanzadas polo Concello ao longo deste ano como a recollida e o envío de produtos de primeira necesidade, xestionado a través de Protección Civil Santiago ou a coordinación e colaboración con outras administración para a acollida de refuxiados na cidade.

Compartir: