DEPORTES

Santiago acolle o vindeiro sábado a celebración do Campionato Galego Infantil de Karate

22/02/2023 O próximo sábado, 25 de febreiro, o pavillón municipal de Santa Isabel acollerá a celebración do Campionato Galego Infantil da tempada 2022-2023, no que colabora o Concello de Santiago, coa participación de 279 deportistas das categorías benxamín (ata 7 anos), alevín (8 e 9 anos), infantil (10 e 11 anos), xuvenil (12 e 13 anos) e cadete (nados no ano 2009). A competición foi presentada esta mañá nunha rolda de prensa coa concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente da Federación Galega de Karate, Óscar Lafuente.

A competición, de carácter clasificatorio para o Campionato de España Infantil, terá lugar este sábado no Pavillón Municipal de Santa Isabel. Celebrarase en xornadas de mañá e tarde, dando comezo ás 09:30 horas e 16:30 horas, respectivamente.

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, salientou que "é unha honra para a cidade acoller este campionato, no que hai 409 deportistas inscritos, pertencentes a 30 clubs federados". Ademais, tamén estarán representados os clubs composteláns Ávalon-Kai e ou Bushi-Kai, que e aportarán un total de 30 deportistas. As modalidades de competición serán Kata (técnica) e Kumite (combate).

Esther Pedrosa e Óscar Lafuente convidaron a todos os composteláns e compostelás a achegarse e asistir á competición, xa que "a entrada é de balde" e ademais "haberá moitas sorpresas", anunciaron. Tamén se poderá seguir en directo a través dá canle de YouTube da Federación Galega de Karate e da plataforma web Karate Scoring.

Compartir: