ALCALDÍA

O alcalde agradécelle ao bombeiro Miguel Montero o seu traballo como voluntario en Turquía

22/02/2023 Sánchez Bugallo recibiu onte na Praza do Obradoiro ao bombeiro natural de Santiago e delegado da unidade canina da ONGD Intervención, Ayuda y Emergencias (IAE) que se mobilizou ata Turquía logo do seísmo rexistrado nas pasadas semanas.

"Facedes un gran traballo, teño que recoñecer que me parece heroico e moi xeneroso pola túa parte que decidas arriscar a túa vida polos demais" son as palabras que lle dedicou Sánchez Bugallo a Miguel Montero que, nun encontro no Pazo de Raxoi, lle explicou ao alcalde e a varios membros do grupo de goberno as dificultades que tivo a busca de superviventes nas primeiras horas: "pasamos tres días sen durmir porque as primeiras horas son vitais", explicaba.

Tras o encontró, o alcalde comprometeuse a manter unha nova reunión para estudar posibles vías de colaboración entre o Concello e a ONGD.

Compartir: