CULTURA

O alcalde felicita a Luis Zahera logo de recibir o Goya a mellor actor de reparto por ‘As Bestas’

15/02/2023 O actor, natural de Santiago -do barrio da Estila, na Avenida de Salamanca-, aproveitou o encontro co alcalde e a concelleira de Acción Cultural para "ofrecer o galardón á cidade", aínda que recoñeceu que a encargada de custodiar o cabezón será a súa tía, na cidade da Coruña "mira, un compostelán que garda os Goyas na Coruña, onde chegamos" chanceou Zahera a preguntas das xornalistas.

Sánchez Bugallo, pola súa banda, parabenizouse da visita do actor "orgullo para nós como composteláns, pero para toda Galicia" e destacou a súa faceta de actor calificándoo de "besta da interpretación". O alcalde, que puido soster durante algúns segundos o Goya de Zahera, tamén aproveitou para felicitalo por outro galardón que recibía tamén hai unhas semanas, o premio Feroz, tamén polo seu papel no filme de Sorogoyen.

Logo de "ensinar o premio aos composteláns" asegurou Zahera que volverá a Madrid para continuar gravando outra das producións nacionais nas que se atopa inmersa xa que "como dicía a miña nai, gracias a Dios hai traballo". Autodefinido como "chico Sorogoyen" quixo agradecer o apoio recibido logo dos dous recoñecementos consecutivos desde o mesmo balcón no que no 2019 pronunciaba o pregón que abría as festas do Apostolo.

Compartir: