CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Club Xadrez Algalia comezou o pasado sábado a tempada deportiva cun Torneo de Xadrez no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia

01/02/2023 O Club Xadrez Algalia arrancou a competición o pasado sábado no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia situado no casco histórico, na praza Salvador Parga, que acollerá todos os torneos da tempada.

David Cernadas acadou con brillantez o primeiro posto do torneo, seguido polo xogador do Club Xadrez Rianxo Fernando Sánchez. En terceira posición quedou o xogador do Algalia Emilio Paredes.

Cunha notable participación, este torneo inaugurou para a actividade xadrecística o local no que o Club Xadrez Algalia desenvolverá as súas competicións e que mellora notablemente as prestacións do antigo centro, sito na rúa Santa Cristina.

Os venres pola tarde imparte clases de xadrez Fernando Sánchez, varias veces campión absoluto de xadrez de Galicia, actividade que se compatibilizará con outras que se levan a cabo neste local histórico. As tardes dos sábados de febreiro a maio terá lugar a competición deportiva federada de xadrez, actividades ás que o club convida a desfrutar a todas as persoas interesadas.

Compartir: