TURISMO

Santiago finalista dos Premios SICTED á calidade turística

10/11/2022 Turismo de Santiago desenvolveu este ano una estratexia específica de Comunicación e Marketing do proxecto, prestando especial atención a sostibilidade. Este Plan é finalista aos premios SICTED dentro da categoría de Mellor Proxecto de Mellora de Destino. Estes galardóns serán entregados na vindeira edición de Fitur, que se celebrará en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro.

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participou hoxe na Mesa de Calidade na que Turismo de Santiago dou conta do traballo que realizou este ano para o fomento da calidade a través da implantación do Sistema Integral da Calidade Turística Española en Destinos (SICTED).

Neste ano proporase ao Comité de Distinción da Secretaría de Estado de Turismo a 115 candidatos para recibir a distinción de calidade de SICTED, sete máis que no 2021. Estes datos, que continúan co crecemento de 24 que se dou o ano pasado, amosan que o sector turístico de Santiago está a facer un esforzo moi importante para manter os niveis de calidade.

Na Mesa de Calidade tamén se detallou o contido do Plan de Comunicación e Marketing do SICTED que se desenvolveu este ano co obxectivo xeral de mellorar a notoriedade do SICTED e, en concreto, de promocionar os establecementos e empresas comprometidos coa calidade a través do SICTED, en especial aqueles que contan coa distinción correspondente.

A estratexia, que se desenvolve dende xuño ata finais de ano, diríxese tanto a poboación local como aos turistas e visitantes. Para iso creáronse perfís específicos en diferentes redes sociais que destacan pola calidade dos contidos, priorizando os audiovisuais –vídeos- e pola excelente implicación das empresas e establecementos SICTED na súa elaboración.

Este Plan é finalista aos premios SICTED dentro da categoría de Mellor Proxecto de Mellora de Destino. Os premios SICTED entregaranse na vindeira edición de Fitur, que se celebrará en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro.

Neste ano 2022, ademais do traballo de análise e asesoramento a empresas e entidades que permitiu ampliar o número de candidatos que se proporán para recibir a distinción SICTED e da decidida aposta pola mellora da comunicación que se está a facer do proxecto, a Mesa de Calidade resaltou o traballo que se está facendo dende Turismo de Santiago a prol da sostibilidade como concepto inherente á propia calidade no sector turístico.

Así, na Mesa de Calidade tamén se comunicou que, grazas ao traballo que se está desenvolvendo este ano no fomento da calidade como un valor fundamental para a evolución do modelo turístico da cidade, Santiago tamén foi preseleccionada como finalista para o Premio Mellor Destino Turístico de España.

Compartir: