POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

O luns arranca Territorio Xogantín, un programa gratuito para a cativada de 6 a 10 anos, que se desenvolverá durante todo agosto

30/07/2022 O luns, 1 de agosto, arranca "Territorio Xogantín", un programa lúdico de actividades para a cativada de 6 a 10 anos, que se desenvolverá todos os días (agás festivos), ata o 2 de setembro. O punto de encontro, convenientemente sinalizado, estará situado na praza 8 de Marzo, ás 11:15. A partir desta hora, o grupo de nenos e nenas, acompañado por monitores, moverase pola zona e volverá de novo a punto de encontro ás 13:30 h

Territorio Xogantín ten como obxectivo ofrecer un tempo de socialización a través do xogo e do patrimonio lingüístico vinculado á brincadeira para que a cativada interaccione nun ambiente en que o galego é a lingua de referencia. Por outra parte, supón unha alternativa lúdica para os nenos e nenas que permanecen na cidade durante o mes de agosto. Tamén permite ás persoas da familia que están ao seu coidado, contar con tempo libre para realizar as súas encomendas, compras ou gozar da cidade.

O programa é de balde. Poderán participar todos os nenos e nenas que o desexen. As persoas responsables que acudan con eles terán que cubrir o formulario cos datos necesarios para deixalos ao coidado dos monitores. Acolleranse participantes segundo vaian chegando ata completar o máximo de 20.

Direcciones relacionadas



Compartir: