TURISMO
'Toleamos por (é)Tapas' é o lema desta edición, que adianta uns días o seu inicio con respecto a outros anos co fin de evitar a súa coincidencia coas ceas de Nadal nos locais de hostalaría da cidade. Así, o concurso que promove Turismo de Santiago e organiza Hostalaría Compostela comezará xa o xoves 27 de outubro, e prolongarase ata o 13 de novembro, celebrando a gala de entrega de premios a finais dese mesmo mes.
Segundo apuntou Sindo Guinarte, un dos obxectivos principais desta nova edición de Santiago(é)tapas é "prolongar a forte recuperación turística que está vivindo a cidade neste verán do 2022 tamén durante a primeira quincena do mes de novembro, fomentando así a necesaria desestacionalización da demanda".
Pola súa banda, Thor Rodríguez sinalou que: "queremos contentar así a moita xente que espera con ansia a celebración deste Santiago(é)Tapas, sobre todo despois de ter que cancelar a edición do 2020 e de que no 2021 aínda tiveramos moitas restricións por mor da pandemia da covid-19, como foi o feito de non poder usar as barras".
Tamén se adiantará o período de inscrición para facilitar que poidan anotarse o maior número posible de locais. Os establecementos de hostalaría interesados en participar disporán desde o 2 ata o 20 de setembro para poder facelo. Tanto as bases do concurso como a folla de inscrición estarán á súa disposición na páxina web santiagoetapas.gal
Nas mesmas datas que o XIV Santiago(é)Tapas, celebrarase a terceira edición do Santiago(é)Cóctel, concurso de cócteles que organiza a Asociación Hostalaría Compostela. A cota de inscrición para os locais que queiran participar no certame de cócteles será gratuíta para aqueles que se inscriban tamén no concurso de tapas.
‘Toleamos por (é)Tapas’, lema do XIV Santiago(é)tapas
12/07/2022 O concurso de tapas celebrarase do 27 de outubro ao 13 de novembro, e aqueles locais de hostalaría que queiran participar poderán inscribirse a partir do próximo 2 de setembro a través da páxina web santiagoetapas.gal.
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, presentaron en rolda de prensa algunhas das novidades que se están a preparar para o XIV Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, que se celebrará este outono.'Toleamos por (é)Tapas' é o lema desta edición, que adianta uns días o seu inicio con respecto a outros anos co fin de evitar a súa coincidencia coas ceas de Nadal nos locais de hostalaría da cidade. Así, o concurso que promove Turismo de Santiago e organiza Hostalaría Compostela comezará xa o xoves 27 de outubro, e prolongarase ata o 13 de novembro, celebrando a gala de entrega de premios a finais dese mesmo mes.