XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a modificación dun expediente de crédito de case 5 millóns de euros para financiar distintas actuacións no ámbito urbano e no rural

27/06/2022 A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, inicialmente, a modificación dun expedientes de crédito extraordinario, por 4.926.503 euros financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2021, destinado a financiar distintas actuación no ámbito urbano e no rural, entre elas as obras de reparación da Praza de Abastos, ou a reurbanización das rúas Mallou e Nogueira, da contorna de Conxo e do barrio de Sar.

O financiamento realizarase con cargo a remanente líquido de tesouraría para gastos xerais (3.322.359,4 euros) e con novos ingresos (1.604.143,6 euros) procedentes do alleamento de Patrimonio Municipal do Solo (PMS). As actuacións contempladas con cargo a este último son:

-As obras de reparación da Praza de Abastos: 504.143,6 euros.
-A reurbanización das rúas Mallou e Nogueira: 500.000 euros
-Melloras e reurbanización da contorna de Conxo: 300.000 euros
-Melloras e reurbanización do barrio do Sar: 300.000 euros.

Mentras que con cargo ao resto, 3.322.359,4 euros, son:

-Estudo Porta do Camiño, Alameda e Intermodal: 60.000 euros
-Obras de reparación da Praza de Abastos: 62.359,4 euros.
- Reurbanización das rúas Mallou e Nogueira: 500.000 euros
-Sala de usos múltiples da Rocha: 50.000 euros
-Reurbanización e mellora da accesibilidade no barrio de Vista Alegre: 100.000 euros.
- Mellora da accesibilidade e seguridade peonil na rúa dos Vilares: 100.000 euros.
- Terceira base de Basquiños. 350.000 euros.
-Mobiliario do campo da festa do Castiñeiriño: 50.000 euros
-Melloras e reurbanización na contorna de Conxo: 150.000 euros.
- Melloras e reurbanización do barrio do Sar: 150.000 euros.
-Rehabilitación firmes na rúa do Home Santo, rúa do Medio, Rúa de Costa do Vedor e rúa das Fraguas e a súa contorna. 100.000 euros.
-Intervención no cruce de Xeral Pardiñas-República do Salvador: 50.000 euros.
-Rotonda rúa do Hórreo: 50.000 euros.
-Proxecto de humanización do eixo de entrada Sur: rúas do Restollal e de Amor Ruibal: 200.000 euros
-Proxecto de humanización do eixo entrada Norte: rúas do Cruceiro da Coruña e de San Caetano: 200.000 euros.
-Vía verde: 300.000 euros.
-Renovación de parques infantís do barrio do Avío e Alameda: 450.000 euros.
-Mellora do acceso peonil e seguridade viaria da rúa dos Vilares (dirección polígono empresarial do Tambre): 150.000 euros
-Sinaléctica informativa da toponimia do ámbito rural: 250.000 euros.

Como se pode observar, hai actuacións que se financian con cargo aos dous expedientes de crédito. Son:

-As obras de reparación da Praza de Abastos, as que se destinaría un total de 566.503 euros.
-A reurbanización das rúas Mallou e Nogueira, ás que se destinarían un total de 1.000.000 de euros.
-Melloras e reurbanización da contorna de Conxo, ás que se destinarían un total de 450.000 de euros
-Melloras e reurbanización do barrio do Sar, ás que se destinarían un total de 450.000 de euros

Aparte desta modificación extraordinaria de crédito, tamén se aprobou outra por 846.883,28 euros para atender ao pagamento derivado da execución dunha sentenza.

A maiores, a Xunta de Goberno Local tdeu o visto bó á apertura do procedemento de adxudicación do "Acondicionamento da antiga N-634 no núcleo de Lavacolla (Sabugueira) / Fase I", enmarcado no "Plan provincial de cooperación as obras e servizos de competencia municipal POS+ Adicional 2/2021 1ª fase Deputación Provincial da Coruña. O importe de licitación ascende a 268.471,36 euros.

A primeira fase das obras abarcará desde a entrada do aeroporto ata o cruce do Camiño Francés. Consistirá na humanización dese tramo, convertendo unha estrada nacional unha travesía urbana, con beirrarúas, prazas de aparcamento, elementos de calmado de tráfico e mellora dos servizos.

No apartado de contratación tamén se aprobou a apertura do procedemento de adxudicación do expediente denominado "Subministración de roupa do vestiario de parque para o servicio de extinción de incendios e salvamento" e a apertura do procedemento de licitación por 53.114,40 euros.

Tamén se deu luz verde á licitación da "Prestación do servizo de oficina de transformación dixital", por dous anos, cun orzamento de 558.197,44 euros.

Convenios
O executivo municipal tamén aprobou o texto de tres convenios correspondentes ao ano 2022 con outras tantas entidades, por importe de 116.000 euros. Son o texto do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a entidade: Cruz Roja Española (Programa SEMUS Compostela) pola contía de 100.000,euros, o texto do convenio coa Asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela, por 5.000 euros, e o texto do convenio de colaboración coa USC (Universidade de Santiago de Compostela, por 11.000 euros.

Outros acordos
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a actualización das tarifas do servizo do tanatorio municipal de Boisaca nun 8,1%, consonte a suba do ICP. Tamén se deu o visto bó o recoñecemento da obriga derivada da convocatoria do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres, edición ano 2021, na súa Modalidade de Creación Audiovisual a favor de dona Arantxa Lamas Ponte, por importe de 2.500 euros, polo seu traballo "As pétalas murmuran". O premio na modalidade de ensaio/investigación quedou deserto.

Documentos relacionados



Compartir: